Comenza a versión Beta pública de Páxinas.com · mar 1, 21:19 de : Paxinas.com
O 28 de Febreiro as 17.00 horas comezou a primeira versión Beta de Páxinas.com coincidindo co quinto aniversario de constitución da empresa 3.14 Financial. Contamos ademais coa presencia da empresa Construdata21 quen colabora activamente na sección de Boletíns e á que agradecemos xa máis de catro anos de colaboracións en proxectos de xestión de información.
A primeira versión beta é unha versión en probas, onde se continua traballando e mellorando pero se facilita os usuarios a visita con tres fins principais. Nunha man, permitir que xa se poida ir consultando os diferentes servizos, noutra ir comprobando os diferentes erros ou melloras a cometer e como último motivo, e se cadra o máis importante, que os usuarios axuden e colaboren nas melloras coas suas suxestións, ou ben coa súa participación, por exemplo engadindo blogs ou webs.
Xa podes acceder a un gran número de contidos de Galicia dende un único punto, a túa axuda é imprescindible como xa dixemos colaborando coas túas suxestións e contidos pero sobre todo empregando paxinas.com axudarás a mellorar o servizo.
E a pregunta que moitos nos fixeron ¿cando estará lista a versión definitiva? . Pois sabemos que non antes de tres meses e calculamos que antes de seis. Xa iremos informando das melloras e dos avances e, ainda que espero que menos, do que ainda non hai tempo a mellorar.
Agora xa é posible buscar calquer contido en galego dende un único punto, a túa axuda e imprescindible
Ahhh¡ e por suposto se queredes comentarnos algo o e-mail de Páxinas.com é:
Grazas por visitarnos e nos ler.

Primeiro Post · mar 1, 15:52 de : Paxinas.com
Este é o primeiro post deste Blog Weblog.Paxinas.com onde pretendemos recoller toda a información de utilidade ó usuario do buscador.
Queremos que este sexa un blog áxil que axude os usuarios de Páxinas.com e tamén que sexa un auténtico Log ou Weblog das melloras e novos desenvolvimentos do buscador

