Go to content Go to navigation Go to search

Comenza a versión Beta pública de Páxinas.com · mar 1, 21:19 de : Paxinas.com

Categoría: Weblogs

O 28 de Febreiro as 17.00 horas comezou a primeira versión Beta de Páxinas.com coincidindo co quinto aniversario de constitución da empresa 3.14 Financial. Contamos ademais coa presencia da empresa Construdata21 quen colabora activamente na sección de Boletíns e á que agradecemos xa máis de catro anos de colaboracións en proxectos de xestión de información.

A primeira versión beta é unha versión en probas, onde se continua traballando e mellorando pero se facilita os usuarios a visita con tres fins principais. Nunha man, permitir que xa se poida ir consultando os diferentes servizos, noutra ir comprobando os diferentes erros ou melloras a cometer e como último motivo, e se cadra o máis importante, que os usuarios axuden e colaboren nas melloras coas suas suxestións, ou ben coa súa participación, por exemplo engadindo blogs ou webs.

Xa podes acceder a un gran número de contidos de Galicia dende un único punto, a túa axuda é imprescindible como xa dixemos colaborando coas túas suxestións e contidos pero sobre todo empregando paxinas.com axudarás a mellorar o servizo.

E a pregunta que moitos nos fixeron ¿cando estará lista a versión definitiva? . Pois sabemos que non antes de tres meses e calculamos que antes de seis. Xa iremos informando das melloras e dos avances e, ainda que espero que menos, do que ainda non hai tempo a mellorar.

Agora xa é posible buscar calquer contido en galego dende un único punto, a túa axuda e imprescindible

Ahhh¡ e por suposto se queredes comentarnos algo o e-mail de Páxinas.com é:

info@paxinas.com

Grazas por visitarnos e nos ler.

Primeiro Post · mar 1, 15:52 de : Paxinas.com

Categoría: Weblogs

Este é o primeiro post deste Blog Weblog.Paxinas.com onde pretendemos recoller toda a información de utilidade ó usuario do buscador.

Queremos que este sexa un blog áxil que axude os usuarios de Páxinas.com e tamén que sexa un auténtico Log ou Weblog das melloras e novos desenvolvimentos do buscador

Convocatoria de prensa: Presentación de Paxinas.com · feb 26, 19:52 de : Paxinas.com

Categoría: Notas-de-Prensa

Presentación de Paxinas.com: Buscador Galego en Internet

Convócase os medios para mañá martes, día 27 de febreiro, ás 17:30, na Casa do Mar de Ferrol (Estrada Alta do Porto s/n), a presentación da primeira versión beta de Paxinas.com.

•Este buscador conta con máis de 8 millóns de páxinas de Galicia, novas de 20 medios de comunicación actualizados constantemente, todos os Boletíns Oficiais de Galicia (autonómico e provinciais) e máis de 2.000 blogs de galegos. Paxinas.com pretende converterse na principal ferramenta para buscar información galega ou relativa a Galicia en Internet.

•Paxinas.com inclúe, entre as súas opcións, o primeiro sistema de recuperación automática de información bilingüe en Galego e Español, así como opcións de procura por lingua, o que permitirá, por vez primeira, que se poidan realizar consultas de noticias exclusivamente en galego nos diferentes medios de comunicación.

•Paxinas.com foi desenvolvido pola empresa 3.14 Financial en colaboración con Internet Construdata2, que aportou o seu saber-facer na sección de Boletíns Oficiais. A colaboración entre ámbalas dúas empresas ten dado, nos últimos anos e como resultados máis visibles, a posta no mercado de novedosas ferramentas de xestión de información para o sector da construcción, rastreando boletíns e medios online de toda España mediante o uso de técnicas de intelixencia artificial.

Sobre 3.14 Financial:
3.14 Financial é unha empresa de consultoría e desenvolvemento do sector das TIC. Creada no ano 2002, conta cunha continua inversión en proxectos de investigación e innovación, o que lle permitiu entrar nos mercados internacionais de exportación. Especializada en solucións corporativas, comeza, coa presentación deste primeiro buscador, unha serie de solucións abertas ao público xeral.

Sobre Internet Constudata21:
Construdata21 é unha empresa especializada na oferta de servizos de información para o sector da construción en España e, a partir do próximo mes de marzo, tamén en Portugal. Con clientes de toda Europa, é líder en información de calidade referida a obras públicas e privadas, así como no desenvolvemento de novos servizos de comunicación entre provedores e promotores principais das obras. Construdata21 conta con gran experiencia no procesamento de información de Boletíns Oficiais e documentos técnicos do sector.

Convocatoria en PDF